Monday 29 de April de 2024

Minuto de silencio en Ordes como condena aos atentados de Bruxelas e en apoio ás vítimas


O Concello de Ordes convoca para mañá mércores, 23 de marzo, ás 12 horas un minuto de silencio en sinal de rexeitamento aos atentados acontecidos esta mañá en Bruxelas. O punto de encontro será a entrada principal do antigo Concello, na avenida Alfonso Senra.

Deste xeito o Concello de Ordes convoca a todos os seus veciños e veciñas que queiran participar desta condena polos actos terroristas rexistrados, á par que sirva de mostra visible de dó e de apoio a todas as vítimas rexistradas así como aos seus familiares e achegados. Ademais con esta medida dáse resposta ao chamamento lanzado pola FEMP a todas as corporacións locais e á cidadanía en xeral.

En palabras do alcalde José Luis Martínez Sanjurjo “é ante estes casos de barbarie e irracionalidade cando a solidariedade e a unión dos pobos deben prevalecer, deixando claro que unidos baixo as premisas do respecto e a democracia ningún réxime terrorista poderá quebrantar o noso futuro e a nosa sociedade”.